Boiro conquista a náutica do norte de Europa dende Düsseldorf

BOIRO> Boiro promociona a súa oferta turística e náutica no Salón de Düsseldorf. O concello está en Alemaña para dar a coñecer as posibilidades que ofrece o seu Club Náutico ao visitante e, ao mesmo tempo, establecer relacións con novos mercados que fomenten a chegada de embarcacións á vila.

Trala boa experiencia do ano pasado, Boiro repite no Salón Náutico de Düsseldorf. O concello promociona a súa náutica na cita alemá coa vista posta nas relacións co norte de Europa, destacando os portos e os náuticos do Báltico e do sur de Escandinavia.

Este é o traballo cara os mercados exteriores, pero non deixan de lado o español. O rexedor aproveita tamén a cita alemá para establecer novos contactos.

Con este éxito, Boiro colle novo pulo e chega convencido da súa potencialidade para atraer os visitantes deste mercado. No Salón presentan a riqueza da súa oferta turística, facendo especial fincapé no seu vencello con Santiago e coa tradición Compostelá.