O parque de bombeiros de Ribeira volve a pechar durante 24 horas

RIBEIRA> Novo peche do parque comarcal de bombeiros de Ribeira ante a incapacidade de xestionar os servizos mínimos por parte do Consorcio de Extinción de Incendios e Salvamento.

Xunto co ribeirense, durante a pasada xornada baixaron a reixa os parques de Cee e Ordes malia que había persoal suficiente para manter o servizo en 9 dos 10 parques comarcais.

Os representantes dos traballadores descoñecen o motivo desta decisión, da que queren facer partícipes á veciñanza posto que consideran unha neglixencia por parte da Xunta e da Deputación privar á cidadanía dun servizo esencial de emerxencias sen motivos.

Así mesmo, queren deixar claro que os peches rexistrados ata o de agora non poden atribuírse á folga de bombeiros posto que ningún dos 500 profesionais afectados exerceu o seu dereito a secundala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí