O BNG do Barbanza presenta seis emendas ós orzamentos da Xunta

RIANXO> O BNG do Barbanza vén de presentar unha serie de alegacións ós orzamentos da Xunta. Demandan maior investimento en materia social, educativa e sanitaria, a mellora das comunicacións na comarca e partidas para saneamento.

Entre o paquete de emendas que o BNG do Barbanza presenta ós orzamentos autonómicos destacan demandas históricas como a mellora das comunicacións na comarca a través do ferrocarril.

As propostas nacionalistas inclúen tamén un cuarto xulgado para Ribeira, melloras no hospital do Barbanza e a construción dunha segunda depuradora en Boiro que suporía unha notable mellora para o saneamento da ría.

Demandan tamén unha partida da Xunta para financiar a compra do pazo de Rianxiño destinado a centro de día, completando así o investimento xa comprometido polo concello e a Deputación da Coruña. Tamén en Rianxo propoñen unha serie de medidas no colexio Castelao.