As festas de Ribeira recuperarán o tradicional combate naval

RIBEIRA> Ribeira celebrará as súas festas de verán entre o 2 e o 6 de agosto. Destaca este ano a recuperación do tradicional combate naval e a descentralización dos actos con concertos e espectáculos en diversos barrios da vila.

O día 2 de agosto arrancarán as festas do verán de Ribeira. O bailarín e coreógrafo Fran Sieira será o encargado de dar o pregón para inaugurar 5 días de celebracións con actividades para tódolos públicos que buscan tamén dinamizar distintas zonas do municipio e non centrarse unicamente no Malecón.

Ademais das tradicionais verbenas con orquestras de primeiro nivel como París de Noia ou Olymous ou grupos como Milladoiro destaca como principal novidade a recuperación do combate naval durante a tirada de fogos de artificio.Ademais da colaboración institucional e das empresas e das empresas e veciños, aqueles que queiras facer a súa achega ás festas poden adquirir o libro coa programación por 5 euros.

Estará á venda nas dependencias do Lustres Ruvas e na biblioteca en horario de 9 a 2 e de 4 a 9 e os sábados só en horario de mañá.