Xosé Antonio Pérez repetirá catro anos máis á fronte da Federación Galega de Confrarías

BARBANZA> O presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, ven de renovar o seu cargo tralas eleccións celebradas hai uns meses nos pósitos galegos.

O ribeirense asumirá o que será o seu segundo mandato á fronte da entidade que aglutina a tódalas confrarías.Este reelección supón o respaldo á xestión realizada polo seu equipo nos últimos anos.

Ademais dun reto, a reelección supón unha gran responsabilidade posto que o sector encara anos difíciles, especialmente para algúns segmentos de flota, como o cerco sen cota de xurelo para este ano.

Tamén preocupa no seo da Federación o gran número de proxectos de parques eólicos mariños nalgunhas das zonas máis produtivas de Galicia.

No proceso electoral tamén foi elixido como vicepresidente primeiro da entidade Javier Sánchez, patrón maior de San Cibrao, e como vicepresidente segundo Iago Tomé, patrón maior de Raxó.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí