Unto Vello e Delameseta completan o cartel da 3ª Noite Tradi xunto con Bailadela e As Sete Linguas

RIBEIRA> Ribeira acollerá o 11 de xullo a terceira edición da Noite Tradi. Admais dos grupos locais Bailadela e As Sete Linguas, integran o cartel a formación galega Unto Vello e os valisoletanos ‘Delameseta’.

Os ritmos tradicionais volverán encher de música a praza da Porta do Sol de Ribeira coa terceira edición da Noite Tradi que se celebrará o 11 de xullo a partir das dez da noite.

Como é habitual abrirán o programa as cantareiras do grupo local Bailadela acompañadas das Sete Linguas da Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño.

Serán dúas as formacións convidadas: os galegos Unto Vello e o grupo ‘Delameseta’, procedende de Castela e León, que fusionan música electrónica con sons tradicionais.