Os cantos feministas de Eiradela porán a nota musical á mobilizacion do 8M na Pobra

A POBRA> A asociación Eiradela colabora no programa de actividades deseñado polo concello da Pobra para conmemorar o Día da Muller. As súas composicións musicais, baseadas en cancións tradicionais pero con letras adaptadas de contido feminista, acompañarán a mobilización prevista para o 8M.

Os actos centrais para conmemorar o Día da Muller na Pobra terán lugar o propio 8M cunha manifestación que partirá ás 7 da tarde dende a Praza Segundo Durán. Trala lectura do manifesto, intervirán as integrantes da asociación cultural Eiradela coas cancións populares que adaptaron mantendo a música tradicional pero cambiando as letras por contidos feministas.

O mércores días 6, as compoñentes desta asociación repartirán por distintas prazas da vila os folletos coas letras creadas para facilitar o acompañamento dos asistentes á mobilización.

En paralelo, a estes actos desenvolveranse obradoiros e actividades de sensibilización cos centros educativos do municipio.

O programa complétase coas xornadas de Muller e Ciencia que terán lugar este sábado así como un obradoiro de autodefensa para mulleres que terá lugar o día 23 de marzo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí