A confraría de Aguiño prevé repartir unha tonelada de marisco na Festa do Percebe

RIBEIRA> A confraría de Aguiño ultima os detalles para a festa do percebe que se celebra na localidade o 29 de xullo.  Ó longo da xornada agardan repartir unha tonelada de marisco. Entre tres mil e catro mil persoas daranse cita o 29 e xullo en Aguiño. A localidade ribeirense acollerá unha nova edición da festa do percebe, na que prevén repartir ó redor dunha tonelada de marisco. A carpa abrirá ás doce do mediodía e permanecerá aberta ata esgotar existencias. Polo momento, aínda está por determinar o prezo da ración que podería roldar os quince euros. Ademais da degustación gastronómica desenvolverase a tradicional homenaxe a un socio da confraría coa entrega do percebe de ouro.