RIBEIRA> Ribeira atópase xa inmersa nos preparativos do entroido. Esta mañá, a concelleira de Cultura daba a coñecer as bases do certame de murgas e comparsas así como do concurso de disfraces que incorpora importantes novidades.
Un total de 24 agrupacións, 12 murgas adultas, 6 infantís e 6 comparsas, poderán participar no Festival de entroido de Ribeira que se celebrará o domingo 2 de marzo. OS interesados dispoñen de prazo para inscribirse ata o 20 de febreiro. Optarán a seis mil euros en premios e recibirán unha gratificación tan só por participar.
No que respecta ó concurso de disfraces amplíanse as categorías e a súa duración na modalidade adulta. O prazo de participación establécese entre o 28 de febreiro e o 5 de marzo.
Incorpórase a categoría do enterro do Felipe establecemento premios ó mellor disfraz de chorón e ó grupo máis numeroso. No concurso infantil, para menores de 18 anos, poderán participar os asistentes ó desfile do martes de entroido. Poden enviar as súas fotografías dende ese mesmo día ata o luns 10 de marzo.