RIBEIRA> O alcalde, Xosé Ramón Romero, e o edil de Obras, Luís Ruíz, supervisaron o inicio dos traballos para a substitución do primeiro tramo da tubaxe de impulsión da ETAP de Brazos.
A actuación, cun orzamento de máis de 96 mil euros, permitirá retirar as vellas conducións de fibrocemento na captación do río Coroño.
Segundo o alcalde, esta actuación virá a dar resposta ós problemas existentes durante este pasado verán debido á seca e ó crecemento turístico.
O alcalde referiuse tamén a que o Concello prepara xa un plan a medio prazo que inclúe mellorar as captacións nos ríos, estudar novos pozos, ampliar depósitos e intensificar o control de fugas para evitar que no futuro volvan a repetirse os problemas de falla de auga e cortes no subministro.











