Descenden os casos activos por covid na área sanitaria do Barbanza

BARBANZA> Tras dúas xornadas consecutivas de subas, o número de casos activos por covid na área sanitaria Santiago-Barbanza comeza a descender.

No último parte facilitado polo Sergas o número de pacientes sitúase en seiscentos vinte e cinco, doce menos ca onte. O número de ingresados no Hospital Clínico de Santiago mantense en trinta, catro deles en intensivos. Nas últimas vinte e catro horas producíronse corenta e sete altas co que o número de curados ascende a dous mil setecentos sesenta e cinco.

No que respecta á situación dos colexios, na comarca detectáronse dous positivos: na escola infantil de Praia Xardín, en Boiro, e no CEIP Castelao en Rianxo; aínda que non se procedeu ó peche de ningunha das aulas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí