Os hostaleiros do Barbanza saen á rúa para reclamar un plan de rescate

A POBRA> Os hostaleiros do Barbanza saíron á rúa para denunciar a difícil situación que están a  vivir tras meses encadeando perdas por mor das restricións sanitarias. Na Pobra fixérono con esta cacerolada á que ademais de representantes do sector sumáronse numerosos veciños e representantes da corporación, en apoio a un dos piares económicos do municipio.

Durante a protesta, deron lectura a un manifesto no que insisten no escrupuloso cumprimento das normas sanitarias por parte dun sector que está a ser culpabilizado inxustamente.

En Ribeira tamén os hostaleiros se manifestaron na praza do concello para demandar un plan de rescate que lles permita manter os seus negocios activos e non ter que recorrer ó peche ante a imposibilidade de traballar en condicións normais.

Tamén a corporación ribeirense apoia as reivindicacións dos hostaleiros así como o fondo de compensación que vén de ser aprobado pola Xunta para paliar as perdas do sector.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí