Ribeira premia ás fachadas e balcóns máis navideños

RIBEIRA> O concello de Ribeira entregou esta mañá os premios ós tres gañadores do concurso de decoración de balcóns e fachadas. Dende o departamento de Cultura destacaron o alto nivel dos preto de trinta participantes que contribuíron a encher de maxia os barrios do municipio durante este Nadal.

Malia que era a primeira edición do concurso, a implicación cidadá non fallou. Preto de trinta veciños vestiron os seus balcóns e fachadas coa máis vistosa decoración navideña para encher de ilusión as rúas e barrios de tódalas parroquias neste Nadal atípico.

O primeiro e segundo premio foron para a parroquia de Carreira, curiosamente a dúas vivendas veciñas situadas no lugar de Parte ó Río, propiedade de Elisa García e José Manuel Parada, respectivamente. O terceiro recaeu en Ángela Pego do barrio das Abesadas. Os premiados recibiron vales de compra por valor de 300, 210 e 120 euros respectivamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí