Cinco mil euros para unha boa causa

RIANXO> A organización do Torneo Solidario de Fútbol 8 celebrado recentemente en Rianxo entrega uns 5.120 euros á Fundación Aladina, que axuda a nenos con cancro.

Ao final serán uns 5.120 euros. Esta cantidade foi a recadada finalmente pola organización do torrneo solidario de futbol 8 celebrado no campo municipal de Vilas, en Rianxo, hai varias semanas. O diñeiro irá destinado á Fundación Aladina, que axuda a nenos e mozos enfermos de cancro.

Aproveitouse este acto para facer tamén balance desta segunda edición do torneo. Dende a organización agradeceuse a axuda prestada polas empresas patrocinadoras que coas súas aportacións fixeron posible o desenvolvemento do torneo, pero especialmente ós voluntarios, ó Concello e tamén ó Club Deportivo Unión, que contribuiron a que o torneo fose de novo todo un éxito.

Un agradecemento ó que se sumaron tamén dende o Concello.

E xa rematada esta segunda edición, a organización xa se pon mans á obra para traballar de cara a unha nova convocatoria para o ano que vén, que se todo transcorre sobre o previsto volverá a desenvolverse na vila rianxeira.