A Policía investiga a posible autoría das pintadas no miradoiro da Pedra da Rá

RIBEIRA> Dende o Concello lamentaron este novo acto vandálico contra o patrimonio municipal que vén a danar ademais unha das señas de identidade do municipio.

Dende o Concello criticaron este novo episodio de vandalismo contra o patrimonio municipal, cando se trata ademais dun dos elementos máis característicos do municipio. Fontes municipais informaron de que se está á espera dunha mellora na climatoloxía para proceder á súa limpeza e eliminación. Un proceso que será realizado polo propio Grupo de Axuda e Emerxencias Municipal.

O desagradable acto vandálico coincide ademais cunha nova distinción para este enclave. O proxecto de remodelación do miradoiro, do arquitecto Carlos Seoane, suma ó seu amplo bagaxe de premios, unha nova nominación. Neste caso como ‘Obra do ano’ na categoría de ‘Arquitectura Pública’ por parte da prestixiosa publicación especializada en arquitectura e urbanismo ArchDaily. A obra riveirense enfróntase na súa categoría a outras 180 actuacións de 50 países. Entre elas, varias españolas, como é o caso da Biblioteca Pública e o Centro Socio-Cultural de Aduanas de Mar en Jávea, o Centro Comunitario de Reinosa ou a estación de bombeo de auga de Pontevedra. Serán os propios lectores da revista os encargados, cos seus votos, de elixir ós proxectos gañadores. Para votar pola obra ribeirense, os interesados poden facelo a través do seguinte enlace:

https://boty.archdaily.com/us/2018/candidates/109612/pedra-da-ra-lookout-point-slash-carlos-seoane?utm_campaign=nominate&utm_medium=email&utm_source=offices