POBRA> A actuación, cun investimento próximo ós trinta mil euros, permitiu tamén dotar de novos vestiarios á brigada de xardinería e limpeza viaria.
Alfonso Rueda tivo ocasión de comprobar o resultado das obras de acondicionamento da renovada sede da Policía Local da Pobra. Acompañado do alcalde e demais membros da corporación visitou as novas instalacións, que, segundo el, e a pesar de non supoñer un alto investimento tiveron un resultado do máis satisfactorio, ó dar resposta ás necesidades da policía.
En concreto as obras supuxeron un investimento de vinte e sete mil euros, dos cales vinte e tres mil foron sufragados con cargo a unha subvención de Vicepresidencia. A intención do Concello é concorrer novamente a esta liña de axudas co proxecto dun parque cuberto.
Con anterioridade Rueda visitou tamén os novos locais da brigada de xardinería e limpeza viaria, que ata o de agora non dispoñían de instalacións propias, unha zona que foi posible grazas a reorganización de espazos nas dependencias anexas á casa consistorial.