Obras en estradas autonómicas para crear redes de separativas en Sanxenxo e Meaño

MEAÑO> Comezaron as obras de mellora da drenaxe da PO-550 ao seu paso por Meaño. Uns traballos que tamén afectan á estrada PO-504, que une Sanxenxo con Vilalonga. Con esta actuación crearase unha rede separativa de fecais e pluviais, evitando posibles inundacións e diminuíndo a cantidade de auga de chuvia que acaba na depuradora. O investimento rolda o medio millón de euros.

Trátase dunha obras moi demandadas polos concellos de Sanxenxo e Meaño. Neste último, a actuación afecta a un treito da PO-550. Os traballos buscan canalizar as augas de chuvia para evitar enchentes ou que acaben na depuradora.

Uns traballos que arrancaron este luns na outra estrada na que tamén se acometerán uns traballos semellantes. Neste caso trátase da PO-504, que une Vilalonga con Sanxenxo.

A Xunta financia estas actuacións cun investimento de medio millón de euros.

Ademais, nalgúns puntos melloraranse os accesos peonís. O conxunto destes traballos teñen un prazo de execución de algo menos dun ano.