As adegas modifican o seu plan de produción ante o descenso das vendas

MEANO> A parálise do coronavirus non afecta ás tarefas do campo pero si aos traballos no interior das adegas. O descenso nas vendas leva ao sector a modificar a súa estratexia de produción.

O funcionamento nos viñedos continúa con normalidade. Como din dende o sector, o campo non entende de coronavirus. Pero as adegas si ven afectadas as súas tarefas internas debido ao descenso das vendas.

O peche dos restaurantes e das tendas especializadas provoca no sector unha caída das vendas dun 90%. Unha situación que leva as adegas a modificar as súas estratexias de produción.

A colleita do 2019, coas que están traballando agora as adegas, é segundo os técnicos, unha colleita de gran calidade.

No caso da Adega Gerardo Méndez non foi necesario realizar ningún axuste de persoal, pero si tomar as medidas de hixiene necesarias para evitar os contaxios.

A maior parte dos traballos das adegas están centradas no campo. Dende o sector están pendentes do fin do estado de alarma para recuperar a normalidade tanto na produción como nas vendas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí