Trepidante Carreira de Camas en Meaño

Na tarde deste domingo, en Meaño, meañeses e visitantes de tódolos recunchos de Galicia déronse cita para ver unha nova edición da Carreira de Camas.
Tras rematar as catro voltas ó circuíto urbano, finalmente, os vencedores foron “Os Rompecolchóns 2.0”, que co número sete, como se fose o logotipo desta canle, contaron co agarimo do numeroso público que se deu cita.

Pero sen dúbida o mellor da xornada foi o bo tempo e o ambiente de festa que se destilou en Meaño, Corazón do Salnés.