O SALNÉS> O Salnés pon o foco na desestacionalización turística. A Mancomunidade organiza o vindeiro luns en Sanxenxo un foro centrado na estratexia a seguir para seguir atraendo visitantes á comarca fóra da tempada alta. O programa inclúe catro mesas con temáticas clave para O Salnés: Xacobeo 2027, Turismo Deportivo, Turismo Náutico e Enogastronomía. O foro estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras. Das 80 prazas dispoñibles xa se cubriron a metade.
O Salnés segue poñendo o foco na desestacionalización turística, un obxectivo no que a Mancomunidade leva anos traballando. Co obxectivo de seguir deseñando a estratexia para atraer visitantes fóra da tempada alta, o organismo comarcal organiza o vindeiro luns un foro turístico centrado neste reto.
O programa da xornada divídese en catro mesas, con catro produtos clave para a comarca para a desestacionalización turística. Todas elas compostas por voces autorizadas a distintos niveis. As dúas primeiras, Xacobeo 2027e Turismo Deportivo.
Completan o foro outras dúas mesas sobre Turismo Náutico e Enogastronomía.
O foro de turismo vaise celebrar no Náutico de Sanxenxo. A xornada rematará cunha experiencia singular, ‘Lanceata’. Unha viaxe teatralizada pola historia e os segredos da Lanzada.
O foro, que estará conducido polo xornalista Pedro Piqueras, está destinado a profesionais do sector. Hai habilitadas 80 prazas, a metade delas xa foron cubertas.











