POBRA> O voceiro do PP, Manuel Durán, criticou hoxe a demora no inicio das obras de mellora previstas no pavillón de Venecia, o que provoca que as instalación leven pechadas ó público dende hai dous anos. Culpa da situación ó equipo de goberno e da súa nefasta xestión e inoperancia ó longo destes anos á fronte do Concello.
Segundo os populares esta situación está a provocar efectos colaterais. Neste caso os prexudicados son os propios clubs da localidade e tamén os veciños que non poden usar as instalacións, e que deben buscar alternativas fóra do Concello.