RIANXO> Os veciños de Rianxo levan xa dous anos concentrándose ás portas do centro de saúde da localidade para reclamar unha atención primaria digna. Unha das cuestións que máis lles preocupa é o servizo de pediatría.
Aínda que o centro conta cunha praza asignada, a falla de substitutos deixa os nenos sen atención de xeito habitual.
As outras grandes reclamacións gardan relación coa apertura do PAC as 24 horas do día e a dotación dunha ambulancia.
Como xa fixeran anteriormente no resto de concellos da comarca, hoxe entregaban por rexistro unha moción para o seu debate na vindeira sesión plenaria reclamando o apoio do pleno ás súas reivindicacións e instar á Xunta a darlle solución.
O que si teñen claro é que a súa loita vai continuar ata obter unha resposta satisfactoria ás súas demandas.











