POBRA> Van alá catro meses dende a aparición do primeiro vertido na Ribeiriña, e a día de hoxe aínda non hai certeza ó 100% da súa posible orixe.
Segundo explicou o alcalde, José Carlos Vidal, parece ser que as obras de rexeneración levadas a cabo por Costas no entorno semellan estar detrás do problema, pero tampouco se sabe con total seguridade.
O problema preocupa ó Concello, que urxe das administracións con competencia na materia, tanto á Xunta, como ó Goberno Central, a través da Demarcación de Costas, a busca dunha solución a este grave problema medioambiental, xa que o Concello non ten capacidade para facelo.
Por outra banda dende o Concello negan tamén que non se remitiran á Xunta os informes requiridos, tal e como denunciaba a consellería de Medio Ambiente.