PONTEVEDRA> O Partido Popular de Pontevedra lanzou esta mañá a súa gran proposta electoral en materia deportiva. O seu candidato Rafa Domínguez presentou o plan para construir unha cidade deportiva en Marcón. En concreto, nos terreos que inicialmente ía ocupar o Hospital de Montecarrasco. O proxecto faríase en tres fases e contemplaría un investimento duns 20 millóns de euros.
O Partido Popular de Pontevedra aposta por converter os terreos que estaban destinados a acoller o Hospital de Monte Carrasco, en Marcón, nunha Cidade Deportiva.
A formación divide o ambicioso proxecto, que suporía un investimento de preto de 20 millóns de euros en tres fases. A primeira sería a de maior envergadura.
Na segunda fase abordaríase a mellora do campo de fútbol e do pavillón de Marcón, que xa están construídos. Os populares fixan o prazo en 12 meses e o investimento en 3,5 millóns de euros. Coa terceira fase remataríase a cidade deportiva.
Os terreos nos que o PP proyecta a súa cidade deportiva pertencen, na súa maioría ás comunidades de montes de Marcón e Tomeza. Domínguez desbotou a expropiación e apostou, pola contra, por fixar un aluguer.
Segundo o candidato popular, a vindeira semana o PP celebrará unha reunión cos clubes deportivos da cidade. Será o día 9 e está previsto que asistan o vicepresidente da Xunta, Diego Calvo, e o secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa.