O alumnado do Divino Maestro busca crear conciencia sobre a problemática do cambio climático

POBRA> Buscar impacto e xerar conciencia sobre as graves consecuencias do cambio climático son dous dos obxectivos da actividade que esta mañá desenvolveu o alumnado do CPR Divino Maestro.

A proposta forma parte do proxecto People & Planet: un destino común, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A actividade consistiu basicamente na recollida de  cabichas por todo o casco urbano da vila que logo introduciron nun acuario instalado na praza do Emigrante.

Con esta acción pretendían visibilizar os efectos destes residuos na auga.

Na actividade colaborou tamén o Concello, de onde valoraron dun xeito moi positivo a experiencia.