A Pobra pon fin ás Xornadas Micolóxicas

POBRA> Un ano máis a Pobra concentrou tódalas miradas dos afeccionados ó mundo da micoloxía coa celebración das súas Xornadas Micolóxicas.

Ó longo das últimas semanas desenvolvéronse un amplo número de actividades cun marcado carácter ambiental, dirixidas ó público en xeral, pero tamén á comunidade educativa.

Onte domingo, as Xornadas tiveron o seu colofón cunha saída de campo, para posteriormente, xa nas instalacións do mercado, celebrar un showcooking da man de Luis Arijón, xefe de cociña do restaurante Nojira, que preparou diferentes e innovadoras receitas en base ós cogomelos.

Aproveitouse tamén para facer entrega ós gañadores dos premios da oitava edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía, que rexistrou unha participación dunhas 63 imaxes.

Os premios foron por esta orde para Sergio Pérez, Tomás Rodríguez e Ramón Carlos Encisa.