A Xunta financiará un novo obradoiro dual de emprego en Rianxo
Rianxo disporá dun obradorio dual de emprego que beneficiará a 20 veciños da localidade en situación de desemprego, que se formarán nas especialidades de pavimentos e albanelería de urbanización.
O conselleiro de Sanidade visita a Unidade de Condutas Aditivas de Noia
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou á Unidade de Condutas Aditivas de Noia. Alí destacou o papel deste centro que atendeu no que vai de ano a unhas 207 persoas, non só da localidade senón tamén de municipios veciños como é o caso de Lousame, o Porto do Son, Outes, Muros e Carnota.
A escultura da Virxe da Guadalupe de Asorey regresará esta sábado a Tanxil
O executivo rianxeiro programou un acto público para este sábado para festexar a volta da emblemática escultura da Virxe de Guadalupe de Francisco Asorey á praia de Tanxil tras 20 anos dende a súa retirada.
Ribeira será sede este domingo do Campionato Xunta de Galicia de Triatlón Súper Sprint
Ribeira acolle este próximo domingo día 6 de setembro o Campionato Xunta de Galicia de Triatlón na modalidade Super Sprint. A actividade, organizada polo Club Natación Ribeira, en colaboración coa Federación Galega de Triatlón, disputarase no entorno de Coroso a partir das dez da mañá. Prevese unha participación próxima ó cento de deportistas pertencentes ás categorías cadete e xuvenil.
Bealo mantense fiel ó San Ramón
Un ano máis a devoción por San Ramón volveu encher a carballeira de Bealo con miles de fieis. Dende primeiras horas da mañá foron moitos os romeiros que se achegaron ata a capela para asistir ós diferentes oficios relixiosos, aínda que o momento máis agardado tiña lugar á unha do mediodía, coa tradicional misa solemne e posterior procesión.
A delegada da Xunta supervisa os traballos dos alumnos do Obradoiro de Emprego Tahúme...
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou Ribeira para comprobar a marcha do obradoiro de emprego Tahume XI, que comparte este concello co do Porto do Son. Na visita a delegada achegouse ata a escola infantil onde o alumnado do módulo de carpintería veu desenvolvendo diversas actuacións.
Mar pon en valor a aposta pola innovación da carpintería de ribeira nunha visita...
A Xunta de Galicia segue a potenciar a carpintería de Ribeira como un sector económico clave para a economía galega que combina o mantemento da tradición cunha actividade empresarial rendible. Así o indicou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro na súa visita a Estaleiros Catoira, exemplo de innovación e sostibilidade
O concello de Ribeira renovará os vestiarios do campo da Guía a través dun...
O concello de Ribeira avanza na mellora das instalacións deportivas do municipio coa renovación dos vestiarios do campo de fútbol de Carreira. A actuación, cun orzamento próximo ó medio millón de euros, dará comezo nas próximas semanas e conta cun prazo de execución de mes e medio.
500 deportistas daranse cita na carreira popular Noia Medieval
Cincocentos corredores daranse cita en Noia para participar na Carreira Pedestre Nocturna Medieval que alcanza xa a súa 28 edición. A proba celebra tamén o Memorial Hipólito Rey ‘Polo’, en homenaxe a un dos promotores desta lonxeva cita deportiva.
A Liga Eusko Label chega este sábado ó Cabo da Cruz coa disputa da...
A Liga Eusko Label chega esta vindeira fin de semana a Barbanza coa disputa da cuarta Bandeira Barbanza –Arousa. A proba terá lugar este sábado en Cabo de Cruz, a partir daas seis e cuarto da tarde.

















