Rianxo enchéuse de xouba

Rianxo rendeu homenaxe esta pasada fin de semana a un dos seus produtos estrela: a xouba. Dende o mércores desenvolvéronse multitude de actividades na vila, que tiveron o seu punto álxido o sábado, coa degustación popular no Campo de Arriba.

O sector da alimentación na Coruña secunda maioritariamente unha nova xornada de folga

Nova xornada de folga no sector do comercio de alimentación na provincia da Coruña. Na comarca do Barbanza un dos puntos quentes vivíase en Ribeira, onde ademais das concentracións ás portas dos supermercados, se celebrou unha mobilización polas rúas da cidade. No foco a mellora das condicións laborais e salariais dos traballadores.

A Deputación financiará un novo parque infantil en Esteiro e o acondicionamento dunha área...

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou este mediodía unha visita institucional ó concello de Muros, onde foi recibido pola alcaldesa, María Lago, e pola tenente de alcalde, Caridad González. O presidente provincial aproveitou a visita para abordar con elas os principais investimentos que a institución provincial está a impulsar no municipio e coñecer, sobre o terreo, algunhas das actuacións levadas a cabo recentemente na vila.

Abre a Feira do Libro de Rianxo con oito librarías participantes

Este mediodía arrancou en Rianxo a Feira do Libro. Xunto co pregoeiro, Anxo Angueira, participaron no acto responsables do concello e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Anxo Lorenzo. A programación estenderase ata o domingo con numerosas presentacións literarias e actividades de animación para tódolos públicos.

Sete nenos saharauis pasarán o verán en Rianxo

Sete nenos procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf pasan o verán en Rianxo grazas ó programa Vacacións en Paz coordinado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.

A Xunta instala na praia sonense do Cruceiro o seu primeiro refuxio inclusivo

A conselleira de  Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá no concello do Porto do Son o refuxio inclusivo instalado na praia do Cruceiro. Trátase dun proxecto piloto co que se busca dar acubillo ás persoas con problemas de mobilidade que se achegan ó areal en caso de condicións climáticas adversas. O proxecto, que conta cun orzamento duns 85 mil euros, levouse a cabo tamén nas praias da Ladeira, en Baiona, e na da Area, en Viveiro.

O programa ‘Rural Activo’ fomenta a creación de emprego e a prevención dos incendios

A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou o concello de Lousame para coñecer os traballos que se están a desenvolver no marco do programa ‘Suma Talento, Verán Activo’. A Xunta destinou 85 mil euros á contratación de cinco persoas desempregadas que realizan tarefas de conservación forestal e prevención de incendios.

Xosé Manuel Vilas e Ciprián Rivas, percebeiros de honra de Aguiño

Xosé Manuel Vilas e Ciprián Rivas serán os percebeiros de honra na vixésimo sétima edición da Festa do Percebe de Aguiño. Os galardóns serán entregados o próximo dous de agosto durante a celebración da exaltación gastronómica.

Ribeira contará cun segundo parque canino en Cubeliños

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, María Sampedro, asinaban esta mañá o convenio de colaboración que permitirá a súa construción. O parque, que se emprazaría na zona de Cubeliños, podería estar xa operativo antes de finais de ano.

AMICOS promove a inclusión social e a conservación ambiental no seu Campo de Voluntariado...

AMICOS pechou o seu Campo de Voluntariado Xuvenil cunha xornada de convivencia no Parque Natural de Corrubedo.15 mozos participaron nesta iniciativa que combina a conservación do medio ambiente coa educación en valores e o respecto á diversidade.

REDES SOCIAIS

40,722FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete