O concello de Ribeira destinou 70 mil euros a melloras nos centros educativos

RIBEIRA> O concello de Ribeira traballou arreo para poñer a punto os nove centros públicos do municipio que hoxe recibían ós máis de 3300 de infantil e primaria matriculados neste curso 2026-2027.

A alcaldesa destacou o importante esforzo inversos realizado polo executivo que dirixe, cunha partida de 70 mil euros que supón un 60 por cento máis ca o pasado ano.

Ademais destas obras xa rematadas, a alcaldesa destacou outros proxectos como a posta en funcionamento do ascensor do CEIP de Olveira así como outras actuacións de mellora e mantemento que se desenvolverán ó longo do curso.