BOIRO> O alcalde, Xosé Ramón Romero xunto co edil de Obras, Luís Ruíz, e a concelleira de Educación, Carme Silva, achegáronse esta mañá ó CEIP do Castro, en Cabo de Cruz, para comprobar o estado dos traballos de mantemento que o Concello está a desenvolver neste colexio a través da brigada de obras municipal, para a posta a punto do centro educativo, neste inicio de curso.
Aproveitaron a visita para volver a reclamarlle á consellería de Educación que cumpra coa súa promesa, e acometa dunha vez, á máxima urxencia posible, o acondicionamento do edificio de infantil.










