BARBANZA> Normalidade na volta ó cole no Barbanza. A comarca arrancou o curso escolar con máis de 11 mil alumnos matriculados. Aínda que baixaron as matrículas en Primaria na ESO destaca a suba en Infantil e Bacharelato.
Caras de ilusión, nervios e algunha que outra bágoa, especialmente entre os cativos que hoxe comezaban a súa etapa escolar. Este era o panorama na maior parte dos centros educativos do Barbanza que arrancaron curso con máis de 11 mil alumnos.
En colexios como o CEIP Santa María do Castro de Boiro superouse por primeira vez a barreira dos 150 matriculados.
Un incremento de alumnos que se veu tamén compensado coa dotación de máis profesorado e persoal especialista.
Tras esta toma de contacto na xornada de regreso ás aulas, os cativos teñen por diante o reto de adaptarse ás rutinas para afrontar un novo curso cargado de oportunidades para seguir a medrar e aprender.











