A 7ª edición do Viladomar segue a encher de cor os muros de Rianxo

Na súa sétima edición, o festival Viladomar de Rianxo reuniu a tres muralistas de recoñecido prestixio. Agustina Shaun, Lula Goce e Alejandro Mosquera foron os encargados de encher de cor o muniicpio, transformado as paredes en obras de arte.

Miguel Corgos destaca a capacitación dixital da sociedade galega na visita á aula CeMit...

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública participou esta mañá na clausura do curso de finanzas desenvolvido na Aula Cemit de Ribeira. Miguel Corgos destacou a importancia de formación para avanzar na dixitalización da sociedade galega.

O executivo rianxeiro levará a pleno este mes de xullo a aprobación da RPT

Rianxo contará en breve cunha Relación de Postos de Traballo tralo acordo entre Concello e os representantes sindicais que tomaron parte nas negociacións. Trátase dun documento clave, segundo as propias palabras do alcalde, Julián Bustelo, que busca ordenar e definir os postos, as funcións e as responsabilidades dos traballadores municipais, adaptándoos á realidade actual.

Máis de 250 nenos participan nos campamentos de conciliación de Rianxo

Máis de 250 nenos participan no programa de conciliación desenvolvido polo concello de Rianxo este verán. Os campamentos, divididos en tres sedes, cubrirán todo o período non lectivo cun horario ampliado con respecto á anterior edición.

Noia avanza no saneamento do concello coa mellora dos pozos de bombeo

A mellora do saneamento é unha das prioridades do actual executivo de Noia. Dende a súa chegada ó goberno realizaron unha serie de investimentos na rede de pozos de bombeos que se presentaba un funcionamento moi deficitario.

Conclúe sen éxito a terceira exhumación na busca de Manuel García Hermo en Vilacova

Conclúe sen éxito a terceira escavación no cemiterio de Vilacova de Lousame na busca dos restos de Manuel García Hermo. Os traballos centráronse nunha área exterior do camposanto a raíz do testemuño dun veciño que situaba na zona o soterramento de dous corpos.

Xestur asumirá a execución do polígono de Ribeira que podería estar licitada a finais...

A alcaldesa de Ribeira e a Conselleira de Industria asinaron un protocolo de colaboración para o desenvolvemento do futuro polígono. Será Xestur o encargado de executar o proxecto de construción do parque empresarial de Pedras Vermellas.

O executivo noiés recupera a organización directa da Feira Medieval

Esta mañá presentábase en Noia o cartel da súa feira medieval, unha das citas festivas máis multitudinarias das que se celebran non só na localidade, senón tamén en toda a comarca. A festa terá lugar a fin de semana do 16 ó 18 de xullo e nesta edición virá cargada de importantes novidades.

As peñas toman a Cachada no ecuador das festas de Boiro

As festas continuaron hoxe co tradicional Día das Peñas. O parque da Cachada converteuse no escenario principal dos festexos, cos orixinais xogos peñeiros e o mangueirazo de honra, a cargo este ano dun dos impulsores do Día das Peñas durante as festas, como é Quin Riveiro.

Abarrote festivo en Boiro no ecuador das súas festas do verán

Boiro segue de cheo na celebración das súas festas do verán. Durante a fin de semana a localidade converteuse nun polo de atracción e as rúas estiveron ateigadas de xente, tanto veciños coma visitantes, que non quixeron deixar pasar a oportunidade de vivir dende dentro uns festexos marcados pola tradición e as actuacións musicais.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete