Pasan a disposición xudicial os tres detidos polo alixo de 1.410 quilos de cocaína da Pobra

A POBRA> Este é o momento no que os tres detidos chegaban esta mañá ó Xulgado de Ribeira para prestar declaración ante a xuíza que leva o caso como presuntos responsables dos delitos de pertenza a organización criminal e tráfico de drogas.

Os tres son, ata o de agora, os únicos detidos en relación a operación desenvolvida esta pasada fin de semana na Pobra, pola Policía Nacional, en colaboración coa DEA, que permitiu a intervención de 1.410 quilos de cocaína cuxo destino podería ser Centro Europa.

Un dos prendidos é o líder do clan dos ‘Fanchos’, ó que sitúan coma encargado de coordinar a recepción e custodia da droga.

A Policía Nacional iniciou a investigación tras ter coñecemento, o pasado 20 de agosto, de que se produciran varias descargas con embarcacións nunha praia do municipio.

Ó parecer a droga fora trasladada a un pendello e a unha vivenda propiedade do líder do clan, na zona do Conchido.

Ante o temor a que se iniciara o traslado e distribución da droga, procedeuse a súa detención e ó rexistro de tódalas propiedades investigadas.

En total a Policía fíxose con 1.410 quilos de cocaína, 100 gramos de heroína e diverso diñeiro efectivo, así como outros efectos de interese para a investigación.

A operación permanece aberta e baixo segredo, polo que non se descartan novas detencións nos vindeiros días.