RIBEIRA> Os amantes do bo comer teñen unha nova cita en Palmeira, coa 12ª edición da Festa do polbo.
A cita gastronómica terá lugar a última fin de semana de agosto, os días 29 e 30, no peirao da localidade. A organización da festa, a cargo un ano máis do Concello, prevé repartir eses dous días ó redor dunha tonelada de polbo…pero tamén se poderán degustar outro tipo de produtos como churrasco, empanada ou mexillóns…todo a prezos populares.
A cita gastronómica arrancará co pregón, o sábado 29 ás 12 da mañá, a cargo este ano da reputada doutora e especialista en Medicina Interna e tamén en Hematoloxía, Ana María Lorenzo Vizcaya.
Durante os dous días programáronse tamén diversas actuacións musicais para ambientar a festa. O sábado coa charanga Os Jaláticos, Rockolas e Thais Suki. E o domingo co grupo tradicional Arume, Riverside Dukes e Loren e Andrés.











