Afúndese un barco atracado no porto de Ribeira
Un barco atracado no peirao de Ribeira afundíase. O pesqueiro, o ‘María Estefanía’, atopábase fóra de servizo dende hai varios anos. Polo de agora descoñécense as posibles causas do afundimento, aínda que todo apunta a que puidera deberse á falla de mantemento da embarcación.
O Museo do Gravado de Artes celebra os seus 25 anos como embaixador internacional...
O Museo de Artes do Gravado de Ribeira vestiuse de longo na celebración do seu 25 aniversario. O acto celebrado a pasada tarde contou cunha ampla representación institucional co presidente da Xunta á cabeza quen destacou o papel deste centro como motor cultural e embaixador internacional de Galicia.
Alecrín propón o baile como lema de vida cunha tempada chea de actividades e...
A Asociación Taller Alecrín presentou para a tempada 2026-27 unha ampla programación composta por promocións, cursos formativos e actividades. O cartel arrancará a próxima semana cos obradoiros de verán para adultos que se desenvolverán entre o 6 e o 23 de xullo en varios concellos de Barbanza e Santiago.
Boiro promove unha campaña de envío de axuda humanitaria a Venezuela
As mostras de solidariedade con Venezuela continúan días despois da traxedia. En Boiro, a comunidade venezolana está a realizar, canalizada por Cáritas, unha recollida de roupa, alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e medicamentos para facela chegar o máis axiña posible ó país caribeño, para a que piden a máxima colaboración.
Arranca a campaña do polbo con menos capturas que o pasado ano
Malia que aínda é prematuro facer balance, o arranque da campaña do polbo tras meses de veda non deixou moi boas sensacións. As dúas primeiras xornadas deixaron menos capturas que en anos anteriores aínda que a cotización foi bastante boa.
Rescatan a un menor en Barraña que quedou á deriva nunha táboa de paddlesurf
Susto na praia de Barraña, en Boiro, onde un menor tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia tras quedar á deriva nunha táboa de paddle surf. Foron varios particulares os que deron o aviso ó 112 tras decatarse de que o neno tiña dificultades para volver á praia e estaba a ser arrastrado pola corrente.
Barbanza estrea ambulancia medicalizada
O Conselleiro de Sanidade desprazou ata o hospital comarcal para supervisar a posta en servizo deste novo recurso que vén de satisfacer unha demanda histórica da área sanitaria.
Máis de 200 nenos participan no campamento de conciliación de Boiro
Un total de 220 nenos de Boiro iniciaron esta mañá un verán de lecer nos campamentos de conciliación do concello. Desenvolveranse en catro sedes para achegar o servizo ás familias que residen nas principais parroquias.
A Dorna e o martes de Entroido, festivos locais aínda que sen carácter permanente
O martes de entroido e o 24 de xullo serán os festivos locais de Ribeira en 2027. O pleno aprobou por unanimidade unha declaración de intencións para propoñer estas dúas datas de cara ó próximo ano aínda que a emenda presentada polo PP e PBBI eliminou o carácter permanente que propoñía o BNG.
Boiro avanza cara a rede de mercados excelentes coa posta en marcha dunha aula...
O director xeral de Comercio visitou esta mañá a praza de abastos de Boiro onde se vai acondicionar unha aula gastronómica. A creación deste espazo, financiada pola Xunta e o concello, enmárcase no proceso para a incorporación do mercado de Boiro no rede de mercados excelentes de Galicia.

















