BOIRO> A ABE sorteará 300 euros en vales de compra no marco da campaña ‘Fóra Stocks Boiro’ que se desenvolverá dende mañá ata o sábado. Os comercios sacarán os seus productos á rúa para dar o remate final á tempada de verán.
A práctica totalidade do comercio de Boiro sumouse á campaña ‘Fóra Stocks’ que vai poñer en marcha a ABE entre mañá e o sábado. Os establecementos sacarán os seus productos á rúa para liquidar a mercadoría.
Ademais dos descontos e promocións que poderán atopar, os clientes entrarán no sorteo de 300 euros en Bonos ABE que se realizará o sábado na rúa peonil, diante do mercado municipal, xunto con actividades de animación que se desenvolverán durante toda a xornada.
Repartiranse tamén bolsas reutilizables da campaña ‘O Comercio Compensa’ da Xunta de Galicia que colabora con esta iniciativa que porá o broche de ouro a unha campaña de rebaixas de récord.











