RIBEIRA> A directora xeral de Persoas con Discapacidade participou esta mañá no proxecto de restauración mariña que desenvolve AMICOS. Instalaron nas inmediacións da Illa de Sálvora un cento de soportes de laminarias que favorecen o mantemento da biodiversidade en augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
A directora Xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia converteuse esta mañá nunha axente medioambiental de AMICOS participando no seu proxecto de restauración dos fondos mariños. Acompañada do director da entidade embarcáronse xunto con numerosos voluntarios cara as inmediacións de Sálvora onde introduciron un cento de soportes de laminarias para o mantemento da biodiversidade e dos bosques mariños.
Na actividade participaron tamén os concelleiros de Servizos Sociais e Educación de Ribeira así como o patrón maior de Aguiño quen destacou a importancia destas accións para sensibilizar á poboación sobre a importancia de coidar o medio mariño.
Ó longo de 2026, AMICOS leva impulsadas máis de 4000 accións de restauración ambiental en colaboración con varias entidades e administracións.











