Traballadores de Gadis e Froiz secundan maioritariamente outra xornada de folga na provincia

RIBEIRA> Os traballadores de Gadis e Froiz da provincia da Coruña seguen en pé de guerra para conseguir que as súas demandas sexan atendidas pola empresa. Coa folga convocada durante os días 15, 16 e 17 seguen a presionar para mellorar as condicións laborais dos traballadores con subas salariais e medidas que favorezan a conciliación.

Folga no Gadis e Froiz da provincia da Coruña, onde traballador es e empresas seguen sen achegar posturas. Os empregados secundaron maioritariamente as tres xornadas de paro convocadas polos sindicatos para facer escoitar a súa voz na negociación dun novo convenio que mellore as súas condicións laborais.

Polo momento, apenas se teñen producido avances na negociación, a pesar de que os sindicatos rebaixaron substancialmente as súas peticións polo que non dubidarán en seguir presionando a través de novos paros e medidas de protesta.

Ä espera de concretar as datas das novas xornadas de folga, os traballadores destacan tamén o apoio social con que contan as súas protestas e mesmo a solidariedade dos clientes que tamén se suman ó paro sen acudir a mercar.