A reitora da USC visita ós alumnos do IV Ciclo de Ribeira
A reitora da Universidade de Santiago mantivo un encontro cos alumnos que cursan o cuarto ciclo en Ribeira. Trátase da primeira visita oficial de Rosa Crujeiras ó seu concello natal dende que fora elixida máxima responsable da Universidade compostelá converténdose na primeira muller en ostentar este cargo.
Bota a andar o Labmar II cunha xornada ambiental para escolares en Ribeira
A asociación AMICOS inaugurou a segunda edición do proxecto LabMar cunha xornada mediomabiental na lonxa de Ribeira. Na iniciativa participaron escolares do CEIP O Grupo de Ribeira que aprenderon dun xeito lúdico a previr a contaminación e reciclar o lixo mariño.
O Pazo de Goiáns acollerá o III Recital Poético María Mariño
O Pazo de Goiáns, en Boiro, acollerá este domingo a terceira edición do Recital Poético María Mariño. Desenvolverase en días sesións nas que participarán unha trintena de poetas.
As escolas deportivas de verán de Ribeira ofertan preto de 600 prazas en 11...
O próximo luns abrirá o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán de Ribeira. Nesta edición ofertaranse preto de 600 prazas en 11 disciplinas, incluídas as actividades náuticas.
Alda amplía a súa presenza no Barbanza coa apertura dun novo hotel en Corrubedo
O grupo hoteleiro Alda amplía a súa presenza no Barbanza coa apertura dun novo establecemento en Corrubedo. Hoxe tiña lugar a inauguración oficial coa presenza do director xeral de Turismo de Galicia quen destacou o auxe turístico que está a experimentar a comarca do Barbanza que cada ano incrementa o número de visitantes grazas ós seus valiosos recursos e a súa vinculación co Camiño de Santiago.
Ribeira promocionará en Festur a Festa da Dorna e a Exaltación do Percebe
O concello de Ribeira participará este ano con stand propio na Feira das Festas de Interese Turístico de Galicia que se celebra en Silleda do 4 ó 7 de xuño. Centrarase na promoción das dúas citas que contan con este distintivo no municipio: a festa da Dorna e a exaltación do percebe de Aguiño.
Máis de 300 parellas volverán citarse en Outes no Máster Nacional de Futbolín A...
O éxito da primeira edición, animou á Asociación Cultural a Riola a organizar o segundo Máster de Futbolín Concello de Outes. Desenvolverase entre o 26 e o 28 de xuño no pavillón municipal onde se reunirán máis de 300 parellas participantes procedentes de toda España.
Boiro inicia o plan de mellora dos centros sociais en Cabo de Cruz e...
O executivo boirense vai acometer nos próximos meses diversos proxectos de mellora en varios centros sociais do municipio. Dúas destas actuacións, xa en proceso de licitación, son a reparación da cuberta do centro social de Cabo de Cruz e a mellora da eficiencia enerxética en Cures.
Aberto o prazo para inscribirse no ‘Lousame Concilia’ que este verán será gratuíto
Aberto o prazo para participar no programa ‘Lousame Concilia Verán’ que pon en marcha o concello para ofrecer unha alternativa de conciliación ás familias. Por primeira vez, será de balde para tódolos participantes e terán prioridade os empadroados no municipio.
A oposición de Ribeira pide responsibilidades políticas pola ilegalización da gasolineira de Xarás
A oposición de Ribeira solicita a convocatoria dun pleno extraordinario para analizar as consecuencias económicas e xurídicas da ilegalización da gasolineira de Xarás. BNG, PSOE e non adscritos piden que se depuren responsabilidades políticas ante os preto de catro millóns de euros que pode custar o procedemento ás arcas municipais.

















