O sector da alimentación na Coruña secunda maioritariamente unha nova xornada de folga

RIBEIRA> Centos de traballadores do sector do comercio da alimentación en toda a provincia da Coruña secundaron hoxe a xornada de paro convocada polos principais sindicatos.

No foco das súas demandas a sinatura dun novo convenio colectivo, que mellore as condicións laborais e salariais dos traballadores.

Polo de agora as posturas entre os sindicatos e a patronal do sector están bastante alonxadas.

Pero os traballadores mantéñense firmes nas súas reivindicacións, e a práctica totalidade deles secundou a folga na xornada de hoxe.

En Ribeira, ademais das concentracións ás portas dos principais supermercados, celebrouse tamén unha mobilización polas rúas da cidade que serviu para darlles visibilidade ás súas reivindicacións.