RIANXO> Sete nenos procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf pasan o verán en Rianxo grazas ó programa Vacacións en Paz coordinado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.
Durante os meses de xullo e agosto, estes sete pequenos, catro nenos e tres nenas, vivirán en Rianxo afastados das altas temperaturas que se rexistran no verán nos campos de refuxiados saharauis. A súa estancia no concello rianxeiro é posible grazas ó programa Vacacións e Paz de SOGAPS.
Ademais de aprender a nadar, participar en diversas actividades deportivas e lúdicas e divertirse facendo novos amigos, os pequenos aproveitan a estancia para realizar diversas revisións médicas rutineiras.
Trátase dunha experiencia única non só para os cativos senón tamén para as familias acolledoras.
Animan a outras familias a sumarse a este programa xa que todos os que proban, repiten.











