A andaina solidaria de Congalsa recada 10.000 euros e 1500 quilos de alimentos
Máis de 350 participantes e 10 mil euros recadados. Estas cifran resumen o éxito da décima andaina solidaria de Congalsa. A empresa fixo entrega hoxe dos fondos conseguidos ás cinco entidades beneficiarias.
A Pobra volverá ofertar viaxes ás Illas Atlánticas este verán
O concello da Pobra volverá ofertar este verán viaxes en catamarán ás Illas Atlánticas. As saídas ás Illas Cíes, Ons e Sálvora estarán organizadas pola empresa Piratas de Nabia.
A Xunta anuncia o acondicionamento de varios tramos incluídos no Camiño do Litoral
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, anunciou esta mañá en Outes a licitación das obras de acondicionamento dun tramo dun vial tradicional que une Ribadomar e Seilán. A actuación enmárcase no itinerario do futuro Camiño do Litoral de Galicia, unha ruta que vertebrará de norte a sur a costa galega, e que poderá percorrerse a pé ou en bicicleta.
Uns 500 taekwondistas en idade escolar tomarán Boiro esta fin de semana
Boiro terá esta fin de semana unha dobre cita co taekwondo. Organziado polo Club Malamía, en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e Concello, e co patrocinio de Jealsa, celebrarase o sábado o Campionato Galego Exhibición de Hapkido e o domingo o Campionato Galego Escolar de Combate.
A Folíada de Exipto reunirá este sábado en Abanqueiro a unha ducia de agrupacións...
Por terceiro ano consecutivo, a Comisión de Festas de Exipto organizará unha foliada popular. Será este sábado na contorna do Centro Social de Abanqueiro e contará cunha ducia de agrupacións musicais tradicionais así como o DJ Jalaiko.
A Pobra conmemorará o Día das Forzas Armadas cun concerto
O Cine Elma da Pobra acollerá o próximo 6 de xuño un concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra. Esta actividade, enmárcase no programa de actos conmemorativos que se están a desenvolver co gallo do Día das Forzas Armadas.
Abre o prazo para inscribirse no Ribeira Concilia de verán
As familias de Ribeira volverá dispoñer dunha oferta de conciliación para este verán. O concello organiza un campamento para que os nenos de 3 a 12 gocen dunha alternativa de lecer durante o período non lectivo.
O goberno de Boiro propón destinar preto de medio millón de euros a obras...
O concello de Boiro destinará máis de 1’2 millóns de euros do remanente de tesourería a diversas obras. O goberno local levará mañá a súa proposta a pleno que destina máis de medio millón de euros a proxectos de pavimentación.
Noia vivirá o 27 de xuño un Sancosmeiro cargado de novidades
Noia encherase de tradición o próximo 27 de xuño coa celebración da festa Pon un Sancosmeiro. Esta celebración ten como protagonistas ós veciños encargados de poñer en valor a cultura popular noiesa.
Chega unha nova edición da Copa Sálvora
O torneo, dividido nas dúas próximas fins de semana, reunirá no estadio municipal da Fieiteira, en Ribeira, a un total de 71 equipos de fútbol base, non só da comarca, senón tamén de distintas localidades de toda Galicia.


















