Presentada a novena edición do Trofeo Portus Apostoli

NOIA> O Agustín Mourís volverá a ser o centro do fútbol sala a nivel nacional e internacional coa disputa da novena edición do Trofeo Portus Apostoli.

A cita, presentada esta mañá no Concello, terá lugar os días 21 e 22 de agosto.

Será en formato de semifinal e final. O cadro local, o Noia Portus Apostoli, medirase á Selección de Indonesia, e o Palma Futsal xogará contra o Parrulo de Ferrol.

O Trofeo, unha cita que foi gañando protagonismo co paso dos anos, conta co apoio do Concello e a Federación Galega de Fútbol.