O parque das Abesadas convértese en espazo libre de fume
Ribeira vén de incorporarse á rede de espazos sen fume da Asociación Española contra o Cancro. A través dun convenio subscrito entre esta entidade, a asociación Renacer e o concello, o parque das Abesadas a e súa contorna foi declarado espazo libre de fume e vapeadores.
Preto de 30 xogadores participarán no V Campionato de Futevolei na praia de Río...
Esta mañá presentábase en Ribeira a quinta edición do Campionato de Futvolei. O torneo, aberto a tódolos afeccionados a este tipo de deporte, terá lugar o sábado 6 de xuño na praia de río Azor.
Barbanza Arousa avanza na rehabilitación da fábrica de salgadura de Area Secada
Esta semana comezaban as obras de restauración da antiga fábrica de salgadura do Touro en Ribeira. Esta actuación forma parte do proxecto ‘Viaxe a través dos sabores’ que promove a Mancomunidade Barbanza Arousa no marco do Plan de Sostinibilidade Turística en Destino. Os traballos consistirán na consolidación e rehabilitación da antiga factoría, secadoiro de polbo e vivendas, así como a súa musealización.
‘Merca no teu comercio’ reparte mil euros en premios na Pobra e O Porto...
A Pobra acolleu esta mañá o acto de entrega de premios da campaña Merca no teu comercio desenvolvida durante a primeira quincena de maio tanto na localidade pobrense como no Porto do Son e Portosín. En total foron 20 os premiados que recolleron os seus vales de compra valorados en 50 euros.
A primeira fase do desdobramento da autovía Brión-Noia entrará en funcionamento en 2027
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as obras de conversión en autovía do corredor Brión-Noia. Trátase segundo el dunha actuación estratéxica para mellorar a conexión entre a área de Santiago e a comarca noiesa. Nesta primeira fase do proxecto, no treito que une os concellos de Brión e Rois, o Goberno Galego investirá uns 11’2 millóns de euros.
Ribeira amplía o seu catálogo de fondos documentais cun diploma de 1911
Ribeira segue a incrementar o seu catálogo de documentos históricos grazas á doazón dun veciño de Corrubedo. Francisco Otero Lijó entregou ó concello dun diploma de Salvamento de Náufragos datado en 1911.
Comezan os traballos a pé de obra para retomar a humanización da travesía de...
Un mes despois do anuncio da cesión do contrato das obras da travesía de Palmeira,a nova adxudicatario tomou posesión da obra. Esta mañá comezaban coa instalación da maquinaria e caseta de obras para retomar os traballos e poñer fin ás molestias que denunciaban veciños e empresarios da zona.
Manuel Losada presentará a súa última novela no Pazo de Goiáns
O Pazo de Goiáns acollerá este venres a presentación do último libro de Manuel Losada. ‘La Sombra de Carmen’ dá continuidade á saga iniciada con ‘El Banco de Carmen’; unha historia de intriga ambientada en Boiro.
Máis de 350 persoas participan na X Andaina Solidaria de Congalsa
Éxito de organización, e tamén de participación, na décima edición da Andaina Solidaria de Congalsa celebrada onte domingo na Pobra. A iniciativa reuniu a máis de 350 persoas, que saíron a camiñar por unha boa causa. Todo o recadado, a firma o entregará a distintas ONG’s que traballan na comarca e tamén á Confraría de Pescadores da Pobra, entidade que está a atravesar un momento delicado, ó borde da desaparición.
Deteñen a tres persoas en Noia relacionadas co tráfico de drogas
A Garda Civil detivo a tres persoas en Noia por un presunto delito de tráfico de drogas. Foi no marco da denominada operación ‘Patineta’. Os detidos empregaban este tipo de vehículo para desprazarse e facer a entrega das substancias. Durante o rexistro na vivenda os axentes interviñeron diversos obxectos procedentes de roubos cometidos na zona.


















