BARBANZA> O sector recolle con agrado esta acordo, que non vén máis que a plasmar unha vella reclamación, quedar exentos do pago das cotas á Seguridade Social os días que non poidan realizar a súa actividade con normalidade debido ós temporais, conservando ademais tódolos seus dereitos de cotización.
A medida será levada proximamente nun Real Decreto-Lei que o Goberno Central pretende aprobar antes de agosto.
A medida realizarase ademais con carácter retroactivo, tal e como pedían dende o propio sector.
A Xunta de Galicia, a través da consellería do Mar, esíxelle ó Goberno Central a aplicación de forma inmediata e efectiva deste acordo.
A titular deste departamento autonómico, Marta Villaverde, denunciou a falla de operatividade dos anuncios estatais e, de forma particular, o oportunismo de presentar a estas alturas un simple principio de acordo para una medida que foi comprometida publicamente, segundo ela, dende hai máis de dous meses e medio.











