BOIRO> O alcalde, Xosé Ramón Romero, visitou esta mañá as obras de reordenación e urbanización que se están a levar a cabo no parque de Cimadevila.
A actuación cun orzamento de preto de 180 mil euros, está financiada con cargo ó POS Máis Concellos da Deputación da Coruña.
Segundo explicou o rexedor o proxecto busca fundamentalmente a renovación dun espazo de lecer que se atopaba moi degradado, coa dotación de novos servizos que se lle prestan ós veciños, mellorando a accesibilidade, ó tratarse dunha zona moi transitada en pleno casco urbano.
O alcalde quixo contestar tamén a aqueles que criticaron a actuación antes de vela rematada, en alusión ás queixas pola tala de varias árbores alí plantadas.











