BOIRO> O PP de Boiro denuncia a situación que están a padecer moitos veciños de Triñáns, Cimadevila ou Cabo de Cruz, entre outras zonas do municipio, polos cortes e a falla de presión da rede municipal de auga.
Segundo os populares trátase dun problema habitual coa chegada da época estival e o aumento de turistas, do que xa lle veñen advertindo dende hai varios anos, pero ó que non se lle dá solución,
Dende o PP pensan que detrás desta situación está a idea do Concello de privatizar o servizo.











