A Festa da Bici reunirá este domingo en Boiro a uns 800 participantes

Boiro celebra este vindeiro domingo a quince edición da Festa da Bici. A cita, organizada polo Concello e promovida polo Club Ciclista Barbanza, reunirá a preto de 800 participantes. A proba non terá un carácter competitivo e a súa finalidade non é outra que a promoción do deporte das dúas rodas.

Noia regulariza o seu punto limpo

O executivo noiés logra a regularización do seu punto limpo. Segundo informaron fontes municipais dáse así fin a un proceso de anos no que a instalación viña funcionando sen autorización.

A Creba combate a estigmatización dos problemas da saúde mental cunha nova edición de...

A Asociación A Creba convoca a terceira edición do certame de relatos ‘Ecos da Mente’. Trátae dunha iniciativa encamiñada a visibilizar os problemas de saúde mental, que se desenvolverán en colaboración co concello de Ribeira.

Ribeira inicia a tramitación para a cesión dos terreos da futura residencia

O concello de Ribeira avanza nas xestións da futura residencia de Ribeira. No pleno da pasada tarde aprobábase o rexistro da parcela no inventario de bens municipais así como o cambio de titularidade para a súa cesión á Xunta de Galicia.

As confrarías afrontan a campaña de libre marisqueo cos tres bancos principais pechados

A campaña do libre marisqueo limitarase ás outras zonas trala decisión da Xunta de manter pechados os tres grandes bancos. A medida busca favorecer a recuperación dos Lombos, Cabío e O Bohído que se atopan baixo mínimos. Os rañeiros poderán acollerse ás axudas do FEMPA para paliar a perda de ingresos.

Balance positiva da visita institucional do presidente da Deputación da Coruña a Bos Aires

A visita institucional do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a pasada semana a Bos Aires, estivo marcada por unha axenda centrada en reforzar os vínculos coa diáspora galega e impulsar a cooperación nos ámbitos cultural, científico e da memoria democrática. Dous dos actos principais da súa visita foron os encontros mantidos na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e coas representantes da Asociación Madres de Plaza de Mayo.

A Xunta financia a adquisición da nova furgoneta adaptada de Agadea Alzheimer en Ribeira

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, entregou esta mañá en Ribeira, á asociación Agadea, a nova furgoneta adaptada da que disporá a entidade. O novo vehículo, cuxa adquisición foi posible grazas a unha achega da Xunta de preto dos 49 mil euros, será destinada a mellorar o transporte e facilitar o acceso das persoas usuarias do centro de día.

Noia vén de adxudicar a mellora da eficiencia enerxética no polígono de Augalevada

O concello de Noia vén de adxudicar a obra de mellora da eficiencia enerxética da iluminación do polígono industrial de Augalevada. O investimento que se destinará a esta actuación ascende a uns 31 mil euros.

A Xunta avanza na modernización das prazas de abastos coa ampliación da Rede de...

A Xunta de Galicia avanza no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 consolidando a súa Rede de Mercados Excelentes. Sete prazas de abastos contan xa con este selo de calidade que distingue non só as instalacións e os produtos senón tamén o trato personalizado e os servizos que ofrecen.

Boiro inviste preto de 200 mil euros nos campos de Barraña e Vista Alegre

O executivo boirense inviste preto de 200 mil euros na posta a punto de varias instalacións deportivas municipais, en con creto nos campos de fútbol de Barraña e Vista Alegre. As dúas instalacións deportivas foron renovadas para este inicio de temporada.

REDES SOCIAIS

40,723FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete