O temporal deixa un regueiro de incidencias no Barbanza

RIANXO> O forte temporal de vento e chuvia das últimas horas deixou numerosas incidencias na comarca do Barbanza. Unha das máis significativas producíase en Rianxo, ó redor das nove da noite de onte.

Un desprendemento de terra e pedras deixaba bloqueado o paso cara ás aldeas de Cerqueiras, Vilar e Campelo, dende a parroquia do Araño.

A primeiras horas desta mañá a brigada de obras municipal procedeu á limpeza da estrada, deixando xa restablecida a circulación ó redor das once.

Foi o máis significativo dunha xornada, na que o temporal deixou tamén outros danos no municipio pero de menor incidencia.

Dende o Concello mandan ademais unha mensaxe de precaución, xa que as previsións para as vindeiras horas non serán tampouco moi favorables e as condicións metereolóxicas serán moi semellantes ás vividas esta pasada noite.