Ribeira porá en valor o papel da muller no deporte para conmemorar o8M
Ribeira xa está inmersa na celebración da Semana da Muller cunha ampla programación en torno ó 8 de marzo. O deporte será o eixo condutor de gran parte das actividades que pretenden poñer en valor o papel feminino no ámbito deportivo.
Retirados os restos dos vehículos que afeaban o sendeiro de acceso a San Roque
A Dirección Xeral de Xustiza procedeu estes días, a solicitude do concello de Ribeira, á retirada dos vehículos abandonados situados na contorna do Xulgado. Culmina así un expediente iniciado no ano 2023 permitindo a recuperación ambiental e paisaxística da entrada ó Parque Periurbano de San Roque.
O PPdeG aplaude a decisión do TC de levantar a suspensión cautelar á lei...
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, valorou esta mañá no Pico Muralla de xeito moi positivo a decisión do Tribunal Constitucional que levantou a suspensión provisional aplicada a varios puntos da lei galega referida a repotenciación eólica. Prado referiuse ó novo revés que lle dá a xustiza ó Goberno Central, despois do acontecido coa lei do Litoral, que segundo ela, o único que busca, é poñer atrancos ós intereses de Galicia.
Noia investiu 60 mil euros na mellora do campo de fútbol municipal Julio Mato
O concello de Noia investiu máis de 60 mil euros na mellora do campo de fútbol municipal. Ademais da instalación dun equipo de aerotermia, procedeu á renovación dos vestiarios e á impermeabilización de parte da cuberta para eliminar as filtracións.
‘Avogacía polo Cambio’ aspira a unha xestión máis eficaz e transparente do Colexio de...
‘Avogacía polo Cambio’ presentou en Ribeira a súa candidatura á directiva do Colexio de Avogados da Coruña. No seu programa destaca a creación dun estatuto xurídico da quenda de Oficio e a aprobación da pasarela dos mutualistas ó réxime de autonómos.
O concello da Pobra licita o proxecto para dotar de saneamento o lugar de...
O concello da Pobra vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento do lugar de Ouxo en Posmarcos. A actuación suporá un investimento de máis de 120 mil euros e dará servizo á totalidade das vivendas deste núcleo de poboación.
Avanzan a bo ritmo as obras que transformarán a cultura en Boiro
Avanzan a bo ritmo as obras da casa da cultura de Boiro, un dos proxectos estratéxicos que suporá un importante avance do municipio a nivel cultural. O novo inmoble duplicará a superficie e permitirá acoller espectáculos de gran formato.
CIG-Saúde reclama medidas urxentes para rebaixar a saturación asistencial en primaria
O Barbanza sumouse ás mobilizacións en atención primaria convocadas pola CIG en toda Galicia para denunciar a saturación asistencial. A concentración tivo lugar diante do centro de saúde de Boiro que conta, na actualidade, con tres médicos menos dos que lle correspondan.
O pleno dá luz verde á compra da nave de Cerqueira
Xa é oficial. A nave da fábrica de Cerqueira pasará a ser propiedade do concello de Ribeira despois de que o pleno dera luz verde ó acordo para a operación de compra do inmoble por medio millón de euros.
Lousame inviste 60 mil euros en dúas obras de mellora da eficiencia enerxética coa...
A delegada territorial da Xunta na Coruña desprazouse ata Lousame para coñecer as actuacións que se están a desenvolver con cargo ó Fondo de Cooperación Local. Trátase da mellora da eficiencia enerxética do polideportivo e da piscina municipal, proxecto que contaron cunha axuda autonómica de 60 mil euros.


















